Axuda a mellora das infraestructuras e do equipamento do Punto de Atención á Infancia. Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Ao Concello de Boimorto foille concedida neste ano 2017 unha subvención ao abeiro da convocatoria de axudas para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento do Punto de Atención á Infancia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Expdte.:BS403E-CO-2017-26.

O orzamento desta actuación ascende a 32.902,88 € e con esta actuación pretendese mellorar as instalacións do Punto de Atención á Infancia asi como equipamento do mesmo.