Este ano as tradicionais fogueiras de San Xoan volvense celebrar dun xeito especial. As condicions a respetar nas fogueiras son as seguintes:
- As fogueiras non poderán ter unha altura superior de tres metros e seis de base, se a fogueira está na franxa de 400 metros do monte a altura máxima será de metro e medio e a base de tres metros.
- As fogueiras deberán colocarse nun lugar apartado da leña apilada, das liñas do tendido eléctrico, do teléfono ou de calquera almacenamento de produtos inflamables.
- Queda prohibido botar no lume plásticos e outros produtos que xeren fume tóxico, así como recipientes que conteñan produtos inflamables e envases presurizados.
- O/s responsable/s da fogueira terán cerca da mesma unha mangueira ou auga almacenada.
- O/s responsable/s non poderán abandonar o lugar da fogueira ata que estea totalmente extinguida apagandoa con auga.
- As fogueiras non se poden celebrar en lugares públicos segundo a orde 10 de xuño da Consellería de Sanidade
Do mesmo xeito os responsables das queimas serán os encargados de velar porque se cumpran os seguintes condicionantes COVID19:
- Que, os grupos non supererán as seis persoas coma máximo en espazos pechados e as quince persoas coma máximo en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes
- Que, entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado se limite aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
SOLICITUDE E DECLARACIÓN RESPONSABLE
Category: