Novas de emprego

1.- CONVOCATORIAS DE AXUDAS:

  • Axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario. Máis información: DOG NÚM. 72 DO 15/04/2020.

  • Bono Social Eléctrico para autónomos. Amplíase o Bono Social de luz para engadir, con carácter temporal, aos traballadores autónomos que cesaran a súa actividade ou reduzan a facturación un 75%. Máis información: BOE NÚM. 94 DO 04/04/2020. https://www.boe.es/eli/es/o/2020/04/03/ted320/dof/spa/pdf.

  • Información importante para autónomos, asociacións de empresarios, pemes: RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 14 de abril de 2020. Máis información: DOG NÚM. 74 DO 17/04/2020.

2.- FORMACIÓN: 

A Federación Efa Galicia profesorado da Efa Piñeiral imparte de maneira online e gratuita un obradoiro de Google-Apps, que está adicado esencialmente a mulleres desempregadas, pero do que se poden beneficiar tamén outro tipo de persoas interesadas.

Os anotados disporán de tutorías para poder aclarar as dúbidas semanais. A maneira de poder inscribirse neste obradoiro, que comeza de maneira inmediata, será mandando un whatsapp ó móvil 676 26 01 96. 

Category: