Exercicios específicos para traballo de Glúteos, Abdominais e Pernas. Comezarase sempre cun quecemento xeral e rematarase a clase con estiramentos musculares. De 13 anos en adiante.
- Horario: martes de 21:00 a 21:45.
- Duración: do 5 de xullo ó 26 de xullo.
- Lugar: pavillón municipal. Inscrición: nas oficinas do concello ata o 4 de xullo.
- Prezo: gratuíto para os que posúan o carné de actividades municipais e o resto 10€. Mínimo 10 inscritos para que a actividade se realice.