Inscrición Programa Clara

As mulleres interesadas en participar no Programa Clara podedes inscribirvos desde xa mesmo e ata o vindeiro venres 14 de novembro na Casa do Concello de Boimorto, só tedes que cubrir a Ficha de inscrición e axuntar os seguintes documentos:

- Fotocopia do DNI, ou Tarxeta de residencia no caso de mulleres inmigrantes.

- Fotocopia da Tarxeta de desemprego ou de Demanda de mellora de emprego.

Podedes descargar a Ficha de inscrición aquí, ou ben, pasar a recollelas no propio concello. Recordade que o número de prazas é limitado.

O Baremo para o acceso a dito programa foi aprobado por Decreto de Alcaldía num. 2014/444 e podeno ver premendo no enlace anterior.

Para mais información podedes: achegarvos ao concello (estamos na planta baixa), chamado ao teléfono 981 51 60 75 (preguntar por Esperanza), ou ben poñervos en contacto co programa enviando un correo electrónico a programaclara@boimorto.es  O horario de atención é os luns, mércores e xoves.

Este programa desenvólvese en colaboración co Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo “Loita contra a discriminación 2007-2013”.