Programa CLARA para mellorar a empregabilidade das mulleres

Desde este mes inicia a súa andaina o Programa CLARA para mellorar a empregabilidade das mulleres no concello de Boimorto. O Clara é unha iniciativa do Instituto da Muller en colaboración cas entidades locais. Nesta convocatoria só dous concellos en Galicia puideron acceder a él (Allaríz e Boimorto).

Este programa vai dirixido a todas as mulleres desempregadas ou en mellora de emprego de Boimorto e comarca, que queiran atopar un traballo, xa sexa por conta propia ou por conta allea, ou mellorar no mesmo, explorando as oportunidades e ocos de emprego da zona; ou a aquelas que queiran mellorar as súas posibilidades de acceder a un.

A duración do programa será ata setembro de 2015, e vai dirixido a un máximo de 30 mulleres.

O Programa Clara baséase en 2 pilares fundamentais: por unha banda Obradoiros de motivación e desenvolvemento persoal; no que se traballarán temas como: habilidades de comunicación e negociación, cómo valorarse mais, cómo atopar os propios obxectivos persoais e poñerse en valor, cómo e ónde buscar información, cómo redactar un CV ou afrontar con éxito unha entrevista de traballo, etc. en definitiva, a desenvolvernos mellor, ademais de pasalo ben.

Estes obradoiros terán unha duración aproximada de 60 horas, e realizaranse 3 días á semana, darán comezo a finais de novembro e os seus horarios estarán adaptados a aqueles que mellor conveñan á maioría das mulleres que participen.

Tras esta fase de motivación e desenvolvemento persoal, e segundo o soliciten as participantes do programa, organizaranse cursos de formación ocupacional, para a organización destes cursos intentarase dar resposta a aquelas demandas que fagan as mulleres que participen e intentaranse adaptar ás necesidades e realidade da zona, explorando aqueles ocos de emprego e abordando a formación necesaria para cubrilos.

Unha vez rematada a formación, desde o programa se fará un acompañamento no proceso de inserción laboral, motivando e apoiando en todo momento ás participantes, buscando canles de acceso a postos de traballo ou titorizando aquelas iniciativas de autoemprego que puideran xurdir.

O prazo de inscrición rematará o venres14 de novembro, e podedes facelo desde XA MESMO, na Casa do Concello de Boimorto, alí pódense recoller as fichas de inscrición.

O horario de atención é os luns, mércores e xoves.

Para mais información podedes: achegarvos ao concello (estamos na planta baixa), chamado ao teléfono 981 51 60 75 (preguntar por Esperanza), ou ben poñervos en contacto co programa enviando un correo electrónico a programaclara@boimorto.es

Este programa desenvólvese en colaboración co Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo “Loita contra a discriminación 2007-2013”.