Axente de Emprego

Programa de cooperacion - Prazas de traballo no Concello de Boimorto

Vimos de publicar na data de hoxe, na sección de emprego, 3 novas ofertas de emprego no Concello de Boimorto. Trátase de postos de traballo subvencionados ao abeiro dos programas de cooperacións. Vanse cubrir os seguintes postos:
* 1 Peón de medio ambiente a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de axuda a Domicilio a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de coidado de nenos a xornada parcial (20 h.)

Mestre/a apoio PAI

Ven de se publicar na data de hoxe no taboleiro de anuncios do Concello certificado do Decreto no que se aproba a Lista definitiva de admitidos/excluidos para o posto de Mestre/a de apoio do PAI.
Neste Decreto convocase tamen aos aspirantes para a celebración da entrevista o vindeiro dia 24/09/2013 ás 10:00.
Acceso á convocatoria.

Bolsa Axuda fogar + Posto de apoio no PAI

Hoxe vimos de publicar no taboleiro de anuncios do Concelo e nesta web o nomeamento dunha persoa para axuda no fogar e a creación dunha bolsa de emprego para a mesma.
Asemade tamen publicamos a lista provisional de admitidos no proceso selectivo para apoio no PAI.
Máis info Axuda fogar.
Máis info PAI.

Emprego do Concello

Convocanse os seguintes procesos selectivos:
Apoio Punto de Atención á Infancia
Creación do Bolsa para Axuda no fogar.
Para ambalas duas contratacións remata o prazo de presentación de solicitudes o 16 de setembro ás 14:00 h.

Páginas

Suscribirse a RSS - Axente de Emprego