Deporte

I Memorial “ANTONIO ARES” de Tiro con Arco

Sábado, 23 Julio, 2011 - De 00:00 hasta 23:59

O sábado 23 de xullo a partir das 17:00 horas na área recreativa da piscina municipal terá lugar o primeiro torneo en honor a este boimortense amante desta disciplina deportiva olímpica. Ademais de participar na competición arqueiros chegados de toda Galicia, como novidade tamén poderán participar aqueles veciños (tanto adultos como nenos) de Boimorto que queiran experimentar a competición neste deporte. Estableceranse categorías especiais para eles.

Ruta de sendeirismo nas Fragas do Eume

Sábado, 25 Junio, 2011 - De 00:00 hasta 23:59

O sábado 25 realizarase unha viaxe ata as Fragas do Eume para facer algunha das fermosas rutas que alí se atopan. Os interesados deberán inscribirse no concello antes do día 23. Máis información no concello.
O prezo da actividade será de 8 Euros por persoa.

Horario Ximnasia polas parroquias

Os horario da Ximnasia polas parroquias queda do seguinte xeito:
* Corneda: Luns e Mercores de 19:00 a 19:55
* Ánxeles: Luns e Mercores de 20:00 a 20:55
* Boimorto: Luns e Mercores de 21:00 a 22:00
* Arceo: Martes e Xoves de 18:45 a 19:45
* Rodieiros: Martes e Xoves de 20:00 a 21:00.

Horario Escolas Deportivas

As escolas deportivas seguirán o seguinte horario:
* Fútbol Sala: categorías benxamín e alvevín adestran os luns de 15:45 a 17:15 e xoves de 15:45 a 17:00. Os infantís e categoría feminina adestran os martes de 17:00 a 18:30 e xoves de 17:00 a 18:00.
* Patinaxe: os martes de 15:45 a 16:45.
* Bádminton: os venres de 15:45 a 17:00.
* Tiro con arco os venres de 19:00 a 21:00 e adestramento individual, para os que teñen o seu arco, os mércores de 18:00 a 20:00.

Páginas

Suscribirse a RSS - Deporte