Lugar evento:
Como en anos anteriores pretendemos escenificar o Nadal, polo que pedimos a colaboración de todos os pais e nais para levalo a cabo, que se celebrará o domingo 27 de decembro na Igrexa parroquial de Santiago de Boimorto, ás 17:00 horas, este ano buscamos que os nenos/as participen de forma activa no tema a través da representación.
O “teatrillo de Nadal” que levaremos a cabo non ten grandes pretensións escénicas nin de vestiario, realizaremos uns ensaios e os papeis serán moi sinxelos pero pedímosvos a vosa colaboración para que os nenos aprendan ben o papel que lles corresponda na obra e para que o día da representación traian roupa axeitada ó papel que teñen nesta. Polo que convocámosvos a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes 1 de decembro ás 17:00 horas na Casa de Cultura de Boimorto.