Ao longo do mes de abril procederase á apertura do ximnasio de máquinas de musculación, ubicado no baixo da cámara agraria. Os interesados en usar este servizo deberán entrevistarse previamente co técnico deportivo.
Publicada a Lista Provisional de admitidos e excluidos para cubrir unha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local por baixa da titular.
Mais información na sección de emprego
No dia de hoxe publicouse na Sección de emprego o Decreto de convocatoria dunha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local para cubrir a baixa de maternidade da titular.
Mais información na sección de Emprego.
Bases que rexirán a convocatoria dunha praza de persoal interino para cubrir a baixa de maternidade da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.