Albergues

O albergue de Boimorto está situado nun entorno privilexiado ó carón dunha antiga telleira rehabilitada (case 4.000 m2 cadrados de superficie cuberta) na que se conservan os fornos e outras estancias. Asemade tamén é unha zona resgardada da choiva ou do sol nos meses de verán onde se poden levar a cabo actividades de lecer, xogos populares, deportes..., e incluso facer acampadas ou pequenas barbacoas nos lugares habilitados.

 

Ao pé do albergue hai unha lagoa artificial que ten ao seu redor unha senda peonil e un mirador dende onde observar as especies tanto animais como vexetais que conviven nela, nalgunhas épocas hai parrulos e incluso se viu algunha nutria.

Cabe destacar o deseño do edificio que se realizou pensando na integración no contorno e esta dotado con todas as comodidades que precisan os peregrinos: lavadoiro, cociña, sala, garda bicicletas, dormitorio con baño adaptado, duchas... Ten un total de 33 prazas, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Albergue de Baiuca – Boimil

Este albergue está xestionado polo Concello de Boimorto grazas a un acordo entre o Concello de Boimorto e o Xacobeo para a xestión dos servizos de hospedaxe.

- Titularidade: Xacobeo - Municipal.

- Horario: Das 13h. ás 22h.

- Posta en funcionamento: En funcionamento dende o 2012

- Nº prazas: 33 ( 1 adaptada)

- Prezo: 6€.

- Anexos: Rutas de sendeirismo, zona de descanso, zonas axardinadas...

- Situación: ao pé do Camiño do Norte no seu paso pola parroquia de Boimil, no lugar de Baiuca (A menos de 1km do centro da vila).

- Contacto / Máis información: O telefono do albergueiro/a é o seguinte 638 392 024 ou ben chamando ao Concello(981 51 60 20). Daraselle cumprida información sobre o funcionamento e as condicións nas que se presta este servizo.