Actividades Deportivas

   *Piscina: Aberta ata o 11 de setembro en horario 12:00h a 20:00h. Durante os meses de Xullo e Agosto realizaranse diversas actividades que se relacionan máis abaixo. Para inscribirse poderán facelo na propia piscina falando cos Socorristas. As actividades comezarán o luns 4 de xullo.

-     Aprende a nadar 1: Destinado a nenos/as que non saben nadar. Horario: 12:00 - 12:45h Luns a Xoves. Prezo: 8€uros por mes

-     Aprende a nadar 2: Destinado a nenos/as que xa saben aguantarse sen material auxiliar (manguitos, churros…). Horario: 12:45 - 13:30h Luns a Xoves. Prezo: 8€uros por mes

-     Escola de Natación Adultos: Dirixido para persoas a partir de 18 anos. Horario: 13:30 - 14:15 Luns a Xoves. Prezo: 15€uros por mes

-     Aquagym: Dirixido a persoas a partir de 16 anos. É unha actividade que consiste en exercicios físicos a piscina orientados a favorecer a corrección postural, circulación sanguínea, relaxación e mellorar a condición física xeral. Recomendable para calquera persoa xa que é unha modalidade divertida e sinxela de facer deporte, diminuíndo o impacto nas articulacións. Horario: luns e mércores de 14:45 - 15:30. Prezo: gratuíto+ acceso á piscina con carné actividades municipais, de non contar con carné deberá aboar 1€/diario para uso da piscina.  

   *Campamento Urbano “O gran circo”: destinado a nen@s de 4 a 12 anos. programa de actividades variadas que combina propostas lúdicas, culturais e educativas relacionadas por un nexo común como é o mundo circense. O programa desenvolverase durante un mes, de luns a venres laborais cun horario de tres horas diarias das 10:00 ás 13:00 horas. As actividades levaranse a cabo na Área da Piscina Municipal de Boimorto e no núcleo urbán de Boimorto. Transporte: os participantes empadroados no concello poderán facer uso do bus do concello que ven ó centro de maiores. Máis información nas oficinas do concello.

   *Campamento Deportivo “Conecta2”: dirixido a rapaces e rapazas de 11 a 16 anos. Realizarase na área recreativa da piscina municipal con tendas de campaña e realizaranse xogos de orientación, veladas nocturnas, concursos, xogos deportivos, actividades acuáticas na piscina, xogos tradicionais,… Duración: do luns 18 de xullo ás 16:00h ata o venres 22 de xullo ás 12:00. Lugar: piscina municipal. Prezo: 30€uros por participante e estar en posesión do carné de actividades municipais. Inscrición: ata o 14 de xuño nas oficinas do concello. Mínimo de participantes: terá que haber polo menos 10 inscritos para que se realice a actividade.

   *Ximnasia de mantemento: Actividade que mellora a nosa saúde física e mental dun modo divertido con xogos, exercicios de tonificación, flexibilidade e con deportes adaptados ó grupo. De 13 anos en adiante. Horario: xoves de 21:00 a 21:45. Duración: do 7 de xullo ó 25 de agosto. Lugar: pavillón municipal. Inscrición: nas oficinas do concello ata o 5 de xullo. Prezo: gratuíto para os que posúan o carné de actividades municipais e o resto 10€ mensuais. Mínimo 10 inscritos para que a actividade se realice

   *G.A.P.: Exercicios específicos para traballo de Glúteos, Abdominais e Pernas.

Comezarase sempre cun quecemento xeral e rematarase a clase con estiramentos musculares. De 13 anos en adiante. Horario: martes de 21:00 a 21:45. Duración: do 5 de xullo ó 26 de xullo. Lugar: pavillón municipal. Inscrición: nas oficinas do concello ata o 4 de xullo. Prezo: gratuíto para os que posúan o carné de actividades municipais e o resto 10€. Mínimo 10 inscritos para que a actividade se realice.

   *Saídas á praia Todos os mércores do mes de xullo sairemos á praia desde o Centro de Maiores ás 15:00 h. Deberanse anotar no mesmo centro, no concello, ou ben, chamando ao 981 51 60 20. Haberá un número limitado de prazas (25) e irán por orde de anotamento.

   *Ruta de Sendeirismo: A Cunca D’Ouro (Rianxo). Roteiro didáctico que combina a etnografía do río (muíños, represas, usos do chan…) coa arqueoloxía (necrópolis neolíticas da idade de bronce), rematando no lugar do achádego do Casco de Leiro. Distancia: 13 kms. Dificultade: media. Data: sábado 9 de xullo. Fin inscrición: mércores 6 de xullo. Saída: ás 8:30 do colexio de Boimorto para iniciar a ruta ás 10:00 horas en Rianxo.

   *Torneo de Bádminton de Verán: A celebrarse do 6 ó 10 de xullo. Todos os participantes recibirán de agasallo unha camiseta técnica conmemorativa e a inscrición é totalmente gratuíta. Estableceranse 3 categorías: Senior masculino, Senior feminino e Infantil. Tamén haberá participación en parellas mixtas (un membro masculino e un membro feminino). As bases do Torneo estarán no concello á disposición dos interesados a partir do 17 de xuño.

   *Taller de instrumentos pobres: a actividade destinada a nen@s de 4 a 16 anos que consistirá en realizar os instrumentos musicais con material de refugallo. Data: mércores 20 de xullo. Lugar: centro de maiores. Horario: de 17:00 a 19:00. Actividade gratuíta e organizada polos voluntarios da Agrupación Folclórica dos Santiaguiños de Boimorto coa colaboración da Consellería de Política Social – D. X. Xuventude, Participación e Voluntariado. Máis info no 647 25 24 97.

   *Ecoparque de Marín e praia: Pola maña visitaremos o Ecoparque de Marín onde percorreremos o Circuíto arbóreo (4 circuítos en altura con máis de 70 xogos. Tirolinas, Rocódromo, lianas, pontes de mono,…). Unha vez rematada esta actividade desprazarémonos ata a praia de Marínonde estaremos toda a tarde ata a hora de regreso. Idade mínima de 15 anos.  30 € por persoa, o xantar de demais avituallamento será por conta de cada participante. A actividade desenvolverase o día 25 de agosto saíndo dende o Campo do Rosario ás 09:30.

Categoría: