Agora xove-Asociacionismo e emprendemento. Boimorto

Ágora Xove-Asociacionismo e Emprendemento busca promocionar o espírito asociativo e emprendedor entre os mozos e mozas de Boimorto e comarca, a través dun programa de actividades que lles facilite ferramentas prácticas para facer realidade as súas ideas e proxectos nestes campos. Así como mostrarlles, a través da experiencia de entidades e empresas xa maduras, que no rural tamén se pode lograr o éxito no ámbito que nos ocupa.

Para todo isto, desde a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, organiza o seguinte programa de actividades para o venres día 23 de decembro, no edificio do antigo concello de Boimorto.

Programa de actividades:
18.00 – 18.15 Inauguración da actividade. Presentación da ágora xove sobre asociacionismo e emprendemento.
18.15 – 19.00  Obradoiro Fai a túa idea realidade: recursos para a mocidade. Impartido por membros da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.
19.00 – 19.15 Pausa
19.15 – 20.00 Mesa redonda: Emprendemento e asociacionismo xuvenil no rural.
Marcos Balboa Beltrán
, presidente provincial da Asociación de Xovenes Empresarios (AJE Provincia de A Coruña) e secretario xeral da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (AJE Galicia).
Raquel Carregal Salgueiro, xerente do Albergue Ultreira, vicepresidenta da Asociación de Empresarias Ruráis e vocal da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzua e da Asociación EFA Piñeiral.
Paula Patiño Varela, directora de Conservas A Castrexa e membro da Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA).
Rocío Manteiga Rodríguez, presidenta do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.
20.00 – 20.15 Clausura.
María Jesús Novo Gómez, alcaldesa de Boimorto.
Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Categoría: