Novo prazo presentacion - Auxiliar administrativo Media Xornada

No BOP 199 de data 18/10/2018 publicase unha corrección de erro nas bases para contratación dun/ha auxiliar administrativo/a interino/a a xornada parcial para o departamento de servizos sociais, por concurso oposición e formacion de bolsa de emprego. O que supón un novo prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso selectivo de 10 días naturais (19/10/2018 ao 29/10/2018). Os aspirantes inscritos no anterior prazo teñen a obriga de volver a presentar a solicitude, podendo remitirse á documentación xa presentada anteriormente.

Ver o anuncio nesta web.

Categoría: