Aberta

Convocatoria e aprobación de bases para a selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

Ven de se aprobar o decreto de convocatoria e aprobación de bases para a selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais en vista da addenda do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 na que se reflexa a ampliación do periodo de operatividade para as brigadas de incendios ata o 30 de novembro de 2017.

Bolsa Fisioterapeuta Residencia e Centro de Día

En data 19/10/2107 publicouse no BOP as Bases específicas para a formación da I bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como fisioterapeuta da Residencia de persoas maiores e Centro de día do Concello de Boimorto.

O prazo de presentación de instancias de 5 dias habiles dende a data seguinte á sua publicación (ata o 26 de outubro do presente ano). Poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 15:00 horas de luns a venres.

Ver as Bases.

Bases Xefe Brigada Incendios 2017

Na data de hoxe a Alcaldesa dito decreto numero 238/2017 de Convocatoria de Bases para a Selección de Xefe de Brigada de Prevención e Defensa contra incedios forestais.

Prazo de presentación de instancias: 3 dias hábiles (Venres 30/06/2017 incluido)

Podense consultar as bases e demais documentación nos enlaces anexos a esta convocatoria.

III bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliar de axuda no fogar e de apoio a persoas maiores do concello de Boimorto

O Pasado 23 de xuño fixeronse publico no boletin da Provincia as Bases para a formación da III Bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais para o servizo de axuda no fogar e de apoio a persoas maiores do Concello de Boimorto.

As bases.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Aberta