FEIRA DE ÉPOCA NO CONCELLO DE BOIMORTO

Sábado, 2 Agosto, 2014 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Telleira de Baiuca

O sábado 2 de agosto celebrarase na Telleira a primeira Feira de Época. Estará ambientada no mediado do século pasado e animamos ós asistentes a que veñan vestidos acorde coa feira ( saias longas, zocos, pañoletas na cabeza, pantalóns de pana, chaleco…, como se vestía aquí hai anos).
Contaremos con postos de artesanía, de pulpo para o queira comer na feira e con música que animará a festa.
Animádevos e formade parte desta feira.