Xornada en Xuvenlugo

Xoves, 2 Xaneiro, 2014 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Xuvenlugo - Centro Comercial as Termas (Concello de Lugo)

Pola mañá estaremos no Centro Comercial as Termas desfrutando da actividade Paintball Laser e do centro comercial; ó xantar será pola conta de cada participante, e dende as 16:30 a 20:30 iremos a XUVENLUGO, que conta cun espazo infantil 0-3 anos (xogos, xoguetes, contacontos, inchables), e cun espazo de animación: de 4 anos en diante (obradoiros e manualidades, xogo musical interactivo, videoxogos, atraccións – saltamontes, camas elásticas, scalextric, toros mecánicos, coches de choque – e inchables de gran formato…
Condicións da actividade:
Os menores de 11 anos deberán vir acompañados dun adulto.
Hai 22 prazas, polo que irá por orde de inscrición. O prazo para anotarse remata o día 27 de decembro de 2013.
O prezo é de 12 euros para as persoas que conten co carné de socio do Concello e de 15 € para o resto (bonificación pendente de aprobación plenaria).
O prezo inclúe transporte, entrada a actividade de Paintball Laser e entrada xenérica ó Salón de Ocio de Xuvenlugo