Magreco

 

Historia de Magreco:

Magreco nace no ano 2012 mais non con este nome, senon que como unha exposición de maquinaria agricola. En vista do éxito acadado nesta edición decidese ir un paso máis aló incluindo os productos ecolóxicos e a artesania no ano 2013, esta é verdadeiramente a I edición da Feira Magreco 2013.

Neste ano a maiores dos productos ecolóxicos e artesania engadimos unha exposición de maquinaria agricola antiga, acadando un exito de publico que non se agardaba e descubrimos que as exposicions propostas eran un bo complemento para a maquinaria.

Esta boa acollida da feira animounos a dar un paso mais incluindo na segunda edición, ano 2014, unha poxa de xovencas de raza frisona, que reuniu en Boimorto unha ducia das mellores novillas da provincia e unhas 300 persoas ao redor da rampa de poxas interesadas en poxar ou ben en participar no sorteo da becerra (a xata proviña de SAT Casa Menor unha das mellores por ICO de toda a comunidade e asentada en Boimorto).

 

Edicion 2017:

Este ano 2017 estamos a organizar unha nova edición desta feira que supon unha aposta deste Concello polo rural galego. Esta V Edición de magreco vaise celebrar no fin de semana do 25 e 26 de marzo, no lugar de sempre no Entorno do Colexio Público e do Campo do Rosario. Toda a información  iremola publicando no facebook da feira: https://www.facebook.com/magreco2017/.

Non perdas a tua cita con Magreco!!!

Como non en Boimorto!!!!