Medio Ambiente

A conservación do Medio ten que ser unha das prioridades para calquera Administración Local, as consecuencias dos nosos actos agora repercutiran no mundo que lle deixemos aos nosos fillos ou netos.

Unhas das maiores preocupacións que este Concello tivo nesta materia foi o desmantelamento dos vertedoiros incontrolados onde se depositaba todo tipo de materiais de refugallo que non eran tratados adecuadamente. Por isto dende fai uns anos programase para cada primeiros de mes un servizo de recollida de trastos e plasticos agricolas.

O sistema que se implantou é moi sinxelo pero eficaz, o primeiro martes de mes faise unha recollida porta a porta de plasticos agricolas e o primeiro mercores recollense os trates. O unico requisito que se require é que os veciños se anoten no Concello con anterioridade, que o material estea nun lugar "accesible" e no caso dos plasticos agricolas que esteñan medianamente limpos, e decir, que non teñan polo medio moita terra ou restos de ensilado. No caso dos trastes, poden ser tanto mobles vellos coma electrodomesticos que non funcionen, arames,....

Outra das medidas que se implantou foi o tratamento dos residuos, toda o lixo que se xera en Boimorto é transportado ás instalaciós de SOGAMA en Cerceda, nesta planta os residuos son tratados conforme á lexislación vixente. Paralela a esta medida fixeronse campañas de sensibilización cos veciños para fomentar a reciclaxe selectiva coas que se conseguiu reducir significativamente tanto o volume de refugallos no contedor verde como a cantidade de impropios no contedor amarelo. Con esta actuación non so conseguimos que o medio ambiente non sufra tanto coa nosa presenza senon que tamen aforramos diñeiro dos veciños pois polo material que vai aos contedores verdes hai que pagar mentres que polo dos amarelos, que si que se pode aproveitar, paganlle ao Concello por facer a recollida e transporte dos mesmos.

En definitiva, que estamos no vo camiño, apostando por enerxias renovables (caldeiras de biomasa, pracas solares,..), mantendo o medio limpo, facendo repoboacións con prantas autóctonas, apostando polos productos ecolóxicos,... Mais non son actuacións que se poidan levar a cabo de forma unilateral, senon que ten que ser grazas ao apoio do todos os veciños.