deportes

XIMNASIA NAS PARROQUIAS PARA O CURSO 2016/2017

As clases comezarán a semana do 3 de outubro e rematarán a semana do 22 de maio. Terá que haber un mínimo de 10 persoas inscritas para cada parroquia. A actividade ten un prezo público de 10€ mensuais pero é totalmente gratuíta para os posuidores do carné deportivo.

Brates:  os luns  e xoves no local social en horario de 18:15 a 19:00 horas.

Os Ánxeles:  os luns  e mércores no local social en horario de 19:15 a 20:00 horas.

Rodieiros:  os luns  e mércores no local social en horario de 20:15 a 21:00 horas.

Actividades extraescolares Municipais e da ANPA 2016/17

    * PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS  PARA O CURSO 2016/2017 As clases comezan a semana do 3 de outubro e rematan a semana do 22 de maio.

Xogos Psicomotores:xogos para adquisición das habilidades motrices básicas que implican coordinación, equilibrio, saltos, xiros, lanzamentos, golpeos,… Destinado a nen@s da etapa de Ed. infantil. Horario: de 14:00 a 14:45 horas os luns para os de 4 e 5 anos e xoves para os de 3 anos.

Actividades Deportivas

   *Piscina: Aberta ata o 11 de setembro en horario 12:00h a 20:00h. Durante os meses de Xullo e Agosto realizaranse diversas actividades que se relacionan máis abaixo. Para inscribirse poderán facelo na propia piscina falando cos Socorristas. As actividades comezarán o luns 4 de xullo.

-     Aprende a nadar 1: Destinado a nenos/as que non saben nadar. Horario: 12:00 - 12:45h Luns a Xoves. Prezo: 8€uros por mes

Novas de deportes

   * Resultados Campionato Provincial Bádminton: En categoría Benxamín feminino, Noa Chorén acadou o segundo posto e Mara Costoya o oitavo. En categoría Alevín feminino, Silvia García finalizou 5ª e Sabela Lois 8ª; en masculino Iñáki Gayoso acadou o posto 13º. En Infantil feminino, Xoana Ares e Marta Peteiro acadaron os postos 7º e 8º respectivamente. En categoría Cadete masculino, Sergio Cajide rematou nun 5º posto. Dende aquí queremos felicitalos a todos polos resultados e transmitirlles os nosos parabéns. ¡Noraboa Campións!.

Tags: 

Páxinas

Subscribirse a RSS - deportes