traballo do concello

Publicacion puntuación oposicion Bolsa de emprego Xerocultur/a Residencia e proba de galego

Na data de hoxe pola secretaria da comision seleccionadora publicase a puntuacion da proba práctica da oposición para a formación da Bolsa de traballo de Xerocultor/a da Residencia e Centro de Día. Tamen se reflexa os aspirantes que deben realizar a proba de galego para formar parte da bolsa de traballo.

Ver a convocatoria

Publicacion e aprobacion lista provisional de admitidos e excluidos Bolsa traballo Residencia e Centro de Dia

Por decreto de alcaldia de data 11/01/2018 aprobouse a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección de formación da bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como xerocultor/ auxiliar de xeriatría da Residencia de persoas maiores e Centro de día do Concello de Boimorto.

Os excluidos terán un prazo de 2 dias hábiles a partir do dia seguinte da publicación deste decreto na paxina web e taboleiro de anuncios para subsanar a sua solicitude. (Ata o 15/01/2018 ás 14:00 horas)

Brigada Incendios - Concello de Boimorto

En vista da situación actual de seca e da addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cuxo obxecto é ampliar o período de operatividade para as brigadas ata o 30 de novembro de 2017 o Concello de Boimorto convoca nova selección para formar cuadrilla municipal de extinción de incendios.

Listaxe provisional de admitidos-excluidos- Brigada de Extinción de incendios

Na data de hoxe fixose publico a Listaxe provisional de admitidos-excluidos no proceso selectivo para a formación da Brigada Municipal de Extinción de incendios.

Acceso á convocatoria.

Páxinas

Subscribirse a RSS - traballo do concello