Consellos en materia de emprego e uso de internet.

Publicamos hoxe documentos que consideramos de interese en materia de emprego e un aviso sobre Ciberdelicuencia:

 

Nestas datas que se fai un maior uso de internet os ciberdelicuentes estan a intensificar os seus esforzos para facer o seu particular agosto: estafas por internet, roubo de identidade,... Recomendamos un uso axeitado das ferramentas que a rede de redes pon á nosa disposición pois non lle debemos ter medo pero sempre debemos actuar con cautela: non introducir datos persoais en páxinas "dubidosas", desconfiar das "gangas",....

Por outra banda, se ben as chamadas fakenews non constituen un delito en si son causantes de moita desinformación, ben aportando datos que non son correctos ou incitando odio e xenreira entre a poboación, polo que se a fonte non é fiable, non creas todo o que les por internet. Lembra tamen que os menores de idade na maioría dos casos non dispoñen das ferramentas ou da madurez necesarios para saber sair de situacións de ciberbulling ou chantaxe na rede por iso debes acompañalos e ensinarlles a facer un uso correcto da rede, ademais de que si se atopan nalgunha destas situacións deben acudir a un maior para que lles axude.

 

O uso responsable de internet é un tarefa de tod@s e tod@s debemos aportar o noso gran de area.

Category: