Día da Bicicleta

O vindeiro sábado 20 de xullo organizamos o Día da Bicicleta en Boimorto. Realizaremos unha pequena ruta en bici e actividades con bicis na Área Recreativa da piscina municipal.

Anotarse antes do 19 de xullo nas oficinas do Concello, a actividade esta orientada a todas as idades e é totalmente gratuíta. Daremos mais información ao longo da semana vindeira.

Actividade dentro do programa O teu Xacobeo, do proxecto Xacobeo2021 impulsada pola Xunta de Galicia.

Category: