No DOG NÚM. 71 DO 14/04/2020 publicase a ORDE do 13 de abril de 2020 pola que se crea unha canle alternativa para a comercialización de productos agrogandeiros de proximidade con motivo da suspensión de actividades comerciais derivadas da entrada en vigor do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ( Entrada en vigor da orde o día seguinte ao da súa publicación no DOG)
OBXECTO:
Posta en funcionamento dunha canle alternativa para a comercialización de productos agrogandeiros de proximidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de facer fronte á perda de ingresos de persoas agricultoras e gandeiras do sector primario con motivo da entrada en vigor do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que decreta a suspensión da apertura dos equipamentos e actividades de hostalaría e restauración e que, xunto coa prohibición da realización de mercados tradicionais nos concellos de Galicia, suponen a imposibilidade de empregar esas canles habituais para a comercialización deses produtos.
A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela cos establecementos de comercialización.
A rede recibe o nome de Mercaproximidade e o seu funcionamento será a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e dun correo electrónico.
OPERADORES QUE SE PODEN INTEGRAR NA REDE:
A) As persoas físicas e xurídicas agricultoras e gandeiras titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ( Reaga). En particular, no caso de produtos non transformados, deberán estar integrados na sección de venda directa ( Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Poderían incorporarse mediante a súa adhesión á rede, entre outros, os seguintes produtores:
- Produtores de froitas e hortalizas.
- Produtores de mel e produtos apícolas.
- Produtores de carne vacún, porcino, ovino e cabrún.
B) As industrias de transformación de produtos agrogandeiros inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias a que se refire o artigo 41 da Lei 2/2005, do 18 de febrero, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, integrado no Rexistro industrial de Galicia, segundo a disposición adicional primeira do Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o regulamento dese rexistro.
Os provedores poderán adherirse á rede ben individualmente ben a través das organizacións profesionais agrarias, as asociacións de produtores e os consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, e deberán optar no momento da adhesión por unha vía ou outra vía, podendo modificar en calquera momento o sistema de adhesión escollido.
REQUISITOS PARA INTEGRARSE NA REDE MERCAPROXIMIDADE:
Os operadores deberán manifestar expresamente a súa adhesión á rede, a través dun correo electrónico dirxido a mercapromixididade@xunta.gal, indicando para tal efecto os seus datos de contacto, concretamente un enderezo electrónico, os datos básicos da explotación e o tipo de producións.
Coa adhesión á rede achegarase unha declaración responsable na cal se faga constar expresamente a imposibilidade de canalizar a saída comercial da súa producción polas vías habituais.
No caso de que a adhesión á rede se faga a través dunha organización agraria, asociación de produtores ou consello regulador, estes deberán tamén achegar a relación de produtores representados.
PARA MÁIS INFORMACIÓN DOG NÚM. 71 DO 14/04/2020.
Category: