Programa Clara - Boimorto

O pasado día 16 de setembro fixose entrega dos diplomas ás 24 mulleres que están a participa no Programa Clara. A entrega tivo lugar no Salón de plenos do concello e estivo a cargo do Alcalde Presidente D. Gonzalo Concheiro e a Tenente alcalde Dna. Mª Jesús Novo Gómez durante o acto destacouse a aposta que desde o concello se fai para formación e profesionalización das súas veciñas así como o bo traballo e implicación das mulleres que están a participar no mesmo.

O Programa Clara de Boimorto é un dos dezasete que se están a desenvolver en toda España en colaboración co Instituto da muller e con financiación europea.

Dentro das actividades que se desenvolveron ao longo deste ano están: un curso de Desenvolvemento persoal de 110 horas e un de Ferramentas para a busca de emprego de 60 horas. Tamén se realizaron actividades de formación como un curso para a preparación do exáme das Competencias Clave e da proba libre da ESA, así como 4 monográficos de atención sociosanitaria que tiveron lugar durante o mes de abril.

O programa continuará as súas actividades ata o mes de novembro con 3 cursos máis:

  • Certificado de profesionalidade en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 h.
  • Iniciación á informática de 30 h.
  • Curso de primeiros auxilios de 40 h.