Programa de cooperacion - Prazas de traballo no Concello de Boimorto

Vimos de publicar na data de hoxe, na sección de emprego, 3 novas ofertas de emprego no Concello de Boimorto. Trátase de postos de traballo subvencionados ao abeiro dos programas de cooperacións. Vanse cubrir os seguintes postos:
* 1 Peón de medio ambiente a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de axuda a Domicilio a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de coidado de nenos a xornada parcial (20 h.)
O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 23 de outubro ás 14:00,todos os interesados poden ver as ofertas de emprego premendo nos enlaces anteriores ou obter máis información acudindo ao Concello de Boimorto.