Axente de Emprego

Socorrista

Publicadas as bases de selección de 1 socorrista a tempo completo. Duración estimada do contrato:3 meses.
Acceso ao anuncio.

Movementos Bolsa emprego Auxiliares de Xeriatria.

Publicouse o Decreto de nomeamento dunha auxiliar de xeriatria por Baixa de maternidade e o estado actual da Bolsa de emprego.
Mais info.

Rede Xiana 2

O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Rede Xiana - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Boimorto, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Curtis, Arzúa, Boimorto, Vilasantar e Sobrado.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

Pages

Subscribe to RSS - Axente de Emprego