O ESPERTAR. Natalia Vázquez Rodríguez

Dirección: Praza da Gándara, 10-Baixo

Teléfono: 630 561 499.

FAX:630561499

Mail: ts@oespertar.com 

Web: www.oespertar.com

O servizo de Axuda a Domicilio é un programa individualizado, de carácter preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, no que se articulan un conxunto de servizos e técnicas de intervención profesionais,consistentes en atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial, familiar, convivencial, de relacións co ámbito e outros, prestados no domicilio daquelas persoas cuxa independencia funcional se encontra limitada ou que atravesan unha situación que causa a súa dependencia nalgún grao.

Prestacións

ATENCIÓN PERSOAL:

  1. Apoio na hixiene, arranxo persoal, ducha e/ou baño.
  2. Axuda persoal para o vestido, calzado e a alimentación.
  3. Transferencias, traslados e mobilización dentro do fogar.
  4. Axuda para a inxestión de alimentos.
  5. Axuda na toma de medicación prescrita polo centro de saúde.
  6. Coidados básicos a persoas incontinentes.
  7. Fomento de hábitos de hixiene e orde.
  8. En persoas con alto risco de aparición de úlceras por presión, previr estas mediante unha correcta hixiene, coidados da pel e cambios posturais.

ATENCIÓN NAS NECESIDADES DO DOMICILIO:

  1. Limpeza ou axuda á limpeza da vivenda.
  2. Preparación de alimentos no fogar.
  3. Lavado, pasado o ferro, repaso e organización da roupa dentro do fogar.
  4. Adquisición de alimentos e outras compras de artigos de primeira necesidade por conta da persoa usuaria.

APOIO PSICOSOCIAL, FAMILIAR E RELACIÓNS CO ÁMBITO:

  1. Compañía para evitar situacións de soidade e illamento.
  2. Acompañamento fóra do domicilio para posibilitar a participación da persoa en actividades de carácter educativo, terapéutico e social.
  3. Facilitar actividades de ocio no domicilio.
  4. Apoio e acompañamento para a realización de trámites de asistencia sanitaria e administrativos.
  5. Fomentar estilos de vida saudable e activos.
  6. Coidado e atención dos menores, tanto no ámbito do fogar coma en acompañamentos a centros escolares, de ocio, sanitarios e outros.