O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.
Poñemos en coñecemento dos veciños que está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro da Rede Cultural promovida pola Deputación da Coruña. Para máis información ou solicitudes teñen toda a información na web da deputación:http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/ .
Para calquera dubida podense poñer en contacto tamen co Concello onde lles asesoraremos o mellor posible nesta materia.
A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Boimorto, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Curtis, Arzúa, Boimorto, Vilasantar e Sobrado.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.