Convocatoria axuda ao transporte escolar 2018-19 e apoio á natalidade

No BOP 187 de data 02 de outubro de 2019 publicase extrato das subvencións de Apoio á natalidade e Transporte escolar para o curso 2018-19, no que se establece o prazo de presentación de solictudes.

No caso do transporte escolar poderán presentarse solicitudes ata o 17 de outubro de 2019, poden acollerse a esta axuda para facer fronte ós gastos de transporte escolar aqueles veciños/as de Boimorto que durante o curso lectivo 2018/19 cursaran estudos de bacharelato ou formación profesional fora do termo municipal.

As axudas de apoio á natalidade poderan solicitarse ata o 1 de decembro de 2019. Poderán solicitala os/as pais/nais que estén empadroados en Boimorto e que teñan ou adopten un fillo/a no período comprendido entre o 30 de novembro de 2018 e o 30 de novembro de 2019.

Normativa axuda transporte escolar:

Normativa apoio a natalidade:

Categoría: