Magreco incorpora este ano simuladores de condución e música á tradicional poxa de xovencas

O Concello de Boimorto, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza unha nova edición de Magreco, a feira de maquinaria agrícola e forestal, razas autóctonas e produtos ecolóxicos. A edición 2019 celebrarase durante os días 30 e 31 de marzo nos arredores do polideportivo municipal e conta como principal novidade con simuladores de condución de tractores e maquinaria forestal, e un festival de música. Entre as actividades que se levarán a cabo atópanse a tradicional poxa de xovencas, a exposición de razas autóctonas, a degustación de filloas, os diferentes obradoiros de oficios e o concurso de habilidade con minipala.
 
O conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguración a feira o sábado, día 30,  ao mediodía. A partir dese momento, todos os participantes poderán gozar de multitude de actividades relacionadas co medio rural e a tradición galega.
 
Durante as dúas xornadas estarán dispoñibles para o público os simuladores de condución de tractores e maquinaria forestal baseados na aplicación Farming Simulator. As exposicións de animais de varias das razas autóctonas de Galicia coma a cachena, a cabra galega, ou o porco celta, serán outros dos atractivos da feira, xunto cos obradoiros de demostración de oficios e elaboración de pezas en barro, o concurso de habilidade con minipala, os concertos musicais, e a exposición de maquinaria.
 
Os interesados en probar as simulacións, vivirán a experiencia de conducir un tractor, ou maquinaria forestal, coma se fose na vida real gracias a que terán todo tipo de aparellos para facer a correspondente recolleita e semente. En cambio os participantes no concurso de habilidade enfrontaranse a un circuíto a completar cunha miniexcavadora. O más rápido de cada unha das categorías (profesional e afeccionado) conseguirá o premio.
 
Ademais, Magreco agrega nesta edición melloras nas instalacións e deseños do espazo dedicado á alimentación e produtos de artesanía. Deste xeito os visitantes poderán facerse con produtos con denominación de orixe galega, ecolóxicos, ou artesanais dunha maneira máis funcional que nas celebracións anteriores. 
 
Sen esquecer que os máis pequenos tamén poderán acudir a esta feira gracias á zona ao cuberto habilitada con inchables, un circuíto de condución de tractores e moitas máis actividades dirixidas á cativada, que estarán acompañadas de música para pechar as dúas xornadas.
 
Durante o primeiro día, Africor traerá unha demostración de pelado cunha xata (que sortearán posteriormente) ca fin de explicar que se busca co pelado e que factores se poden potenciar, ou ocultar, cun bo preparado do animal. Ao longo da xornada, a degustación gratuíta das famosas filloas de Lestedo traerá o toque máis grastronómico. 
 
Por outra banda, a música poñerá a guinda á primeira xornada de Magreco da man do grupo Leirabuxo. Esta banda ten unha traxectoria curta pero está composta por músicos cunha dilatada experiencia e conta xa con 2 álbums no mercado. Os 6 compoñentes, xunto con algunha incorporación sorpresa, farán as delicias dos veciños e visitantes cunha actuación que non deixará a ninguén indiferente.
 

Poxa de xovencas

O domingo 31 a feira comezará ás 11.00 horas cun dos seus pratos fortes, a poxa de xovencas. Nesta ocasión a Xefa Territorial de Medio Rural presenciará a 6ª poxa de Rubia Galega e Frisón. Coma sempre, contará con animais de gran beleza e cunha calificación xenética excepcional. A pesares de que as vacas estarán expostas toda a fin de semana, non será ata o domingo ao mediodía cando se levará a cabo a poxa. Despois disto, sortearase a xata frisona entre aquelas persoas que depositen a súa rifa na furna situada ao carón da exposición de animais.
 
O peche desta edición de Magreco correrá ao cargo dos Santiaguiños de Boimorto. A agrupación folclórica de música e baile galego formada por nenos e mozos do municipio, aínda que esta asociación conta con máis de 25 anos de traxectoria interpretando e recuperando música e bailes tradicionais da comarca e de toda Galicia. O seu concerto comezará ás 18.00 horas para despedir co seu espectáculo un ano máis a feira de maquinaria agrícola e forestal de Boimorto. 
 

Programa do Magreco 2019

A continuación reproducimos o programa da Feira Magreco 2019
 
Sábado 30 de marzo de 2019
 
11:00 h. Apertura da feira
12:00 h. Acto de apertura da feira a cargo da Alcaldesa, Maria Jesus Novo, contaremos coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez e do Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovido Rodeiro.
18:00 h. Demostración de pelado a cargo de profesionais de Africor Coruña (Na carpa da Poxa)
20:00 h. Peche da feira de maquinaria
20:00 h. Actuación musical no polideportivo: Leirabuxo
 
Durante toda a xornada:
  • Simuladores de conducción de tractores e maquinaria forestal.
  • Concurso de habilidade con minipala
  • Degustación de filloas
  • Exposición de razas autóctonas
  • Obradoiro de elaboración de pezas en barro (no polideportivo)
  • Obradoiro de demostración de oficios (no polideportivo)
 
Domingo 31 de marzo de 2019
 
11:00 h. Apertura da feira
12:00 h. Poxa de Gando Rubia Galega e Frisón. Contaremos coa presenza da Xefa Territorial de Medio Rural.
18:00 h. Peche da feira de maquinaria
18:00 h. Actuación musical no polideportivo: Santiaguiños de Boimorto
 
Durante toda a xornada:
  • Simuladores de conducción de tractores e maquinaria forestal.
  • Concurso de habilidade con minipala
  • Exposición de razas autóctonas
  • Obradoiro de demostración de oficios (no polideportivo)