Dirección: Praza da Gándara, 10-Baixo
Teléfono: 630 561 499.
FAX:630561499
Mail: ts@oespertar.com
Web: www.oespertar.com
O servizo de Axuda a Domicilio é un programa individualizado, de carácter preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, no que se articulan un conxunto de servizos e técnicas de intervención profesionais,consistentes en atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial, familiar, convivencial, de relacións co ámbito e outros, prestados no domicilio daquelas persoas cuxa independencia funcional se encontra limitada ou que atravesan unha situación que causa a súa dependencia nalgún grao.
Prestacións
ATENCIÓN PERSOAL:
- Apoio na hixiene, arranxo persoal, ducha e/ou baño.
- Axuda persoal para o vestido, calzado e a alimentación.
- Transferencias, traslados e mobilización dentro do fogar.
- Axuda para a inxestión de alimentos.
- Axuda na toma de medicación prescrita polo centro de saúde.
- Coidados básicos a persoas incontinentes.
- Fomento de hábitos de hixiene e orde.
- En persoas con alto risco de aparición de úlceras por presión, previr estas mediante unha correcta hixiene, coidados da pel e cambios posturais.
ATENCIÓN NAS NECESIDADES DO DOMICILIO:
- Limpeza ou axuda á limpeza da vivenda.
- Preparación de alimentos no fogar.
- Lavado, pasado o ferro, repaso e organización da roupa dentro do fogar.
- Adquisición de alimentos e outras compras de artigos de primeira necesidade por conta da persoa usuaria.
APOIO PSICOSOCIAL, FAMILIAR E RELACIÓNS CO ÁMBITO:
- Compañía para evitar situacións de soidade e illamento.
- Acompañamento fóra do domicilio para posibilitar a participación da persoa en actividades de carácter educativo, terapéutico e social.
- Facilitar actividades de ocio no domicilio.
- Apoio e acompañamento para a realización de trámites de asistencia sanitaria e administrativos.
- Fomentar estilos de vida saudable e activos.
- Coidado e atención dos menores, tanto no ámbito do fogar coma en acompañamentos a centros escolares, de ocio, sanitarios e outros.