actividades

Belén vivinte en Boimorto

O 28 de decembro en Boimorto escenificamos, por segundo ano consecutivo, un Belén vivinte coa participación de 20 cativos que foron os encargados de facelo realidade. Ademais contamos coa actuación da Escola de Música Tradicional de Mesía, Mini e o seu grupo de Boimorto e o grupo de música tradicional de Boimorto Os Santiaguinos. Todo isto no mellor dos escenarios, aigrexa parroquial de Boimorto.

Tags: 

Certame de Cantares de Reis de Boimorto

 O de 3 de xaneiro ÁS 16:30 celebrouse, un ano máis, o XI Certame de Cantares de Reis de Boimorto. O Certame é unha mostra de cantares tradicionais de reis, onde o bo facer de cada unha das cuadrillas, a harmonía e o empeño común de manter viva a nosa tradición é o mellor premio. Participaron 19 xugadas procedentes de todo o país galego que fixeron as delicias dos amantes do noso canto tradicional.

I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis

Este ano quixemos darlle unha volta máis no disfrute da nosa tradición e convocamos este Encontro, o día 10 de xaneiro, que se caracterizou por ser un acto aberto á participación e o seu obxectivo foi o de reflexionar, compartir, debater e gozar arredor dos cantares e costumes en Tempos de Reis.  Contamos coa participación de: Giani Ginesi (Cataluña), José Larrinaga (Euskadi), José Antonio Alonso e Joaquín Díaz pola Meseta, Domingos Morais (Portugal), Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato (Galicia).

I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis

A tradición dos Reis permaneceu viva ata hai pouco tempo en Boimorto, e en  toda a comarca, é por iso que dende hai dez anos vense celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Paralelamente convocáronse concursos de recolla de folclore arredor deste tempo e publicáronse un libro cd con recollas de toda Galicia e posteriormente editouse un cd con cantos de Nadal e Reis gravado polas cuadrillas participantes na mostra.

Páginas

Suscribirse a RSS - actividades