Actualidade

Domingos de Cine na Casa da Cultura

Actividade para todas as idades pero pensada para os pequenos da casa. Realizarase o terceiro domingo de mes na Casa da Cultura de Boimorto ás 17:30 horas. Esta actividade comezará o domingo 16 de outubro.
Nos domingos de cine proxectarase na casa da cultura unha película apta para todas as idades.

Actividades Extraescolares

Nestas actividades deberá haber un mínimo de 8 inscritos para poder realizalas. Para máis información ou para anotarse pasar polas oficinas do Concello ou ben chamar ó 981 51 60 20.
-Escolas deportivas municipais:
*Fútbol Sala. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Bádminton. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Tiro con Arco. A partir de 6 anos
*Atletismo. Rapaces/zas de 6-11 anos
-Patinaxe e Aprendemos a patinar. Para os de primaria (6 - 11 anos)
-Multideporte. Rapaces/zas de 12 a 15 anos
-Iniciación á informática. Rapaces/zas de 6-15 anos

Outono Cultural na Casa da Cultura.

- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
 

Páxinas

Subscribe to Actualidade