Actualidade

Feira de Setembro 2011

O sábado 3 de setembro a feira mensual coincide coa Festa do Rosario en Boimorto, polo que, para non entorpecer no desenvolvemento normal da festa trasladase a feira para a rúa Asientos (DP-1002), os postos distribuiranse no tramo que vai dende o Bar Cardelle ata a Rúa Boido. Dito tramo permanecerá pechado ao tráfico dende as 9 da mañá ata as 3 da tarde.
Non deixen de vir a Boimorto xa que será unha mañá moi completa. Feira, actuación circense e festa todo nunha mesma xornada.

V Carreira Pedestre e Canicross

O vindeiro 18 de setembro temos as citas por excelencia do Ateltismo en Boimorto, a Carreira Pedestre popular e a Carreira de Canicross que este ano alcanza a quinta edición.
Este ano presentanse novas para a inscrición e novas en materias de premios. Constituense novos premios como son o de batir o record da carreira ou os 3 premiso para os participantes que fagan a inscrición como club.
Todas estas cousas podense consultar nas bases que se enlazan na parte baixa deste artigo.
-As bases completas V Canicross: enlace.

Servizo de apoio integral a coidadoras

A Fundación Mulleres presenta CIUDADANAS, un proxecto que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia, a través dun Servizo de Apoio Integral a Coidadoras.
Recursos e servizos: apoio e asesoramento, talleres grupais ( saúde e autocoidado, habilidades persoais e comunicativas, alfabetización dixital), apoio psicolóxico e emocional, grupos de axuda.

Páxinas

Subscribe to Actualidade