Actualidade

Apertura da Piscina Municipal

O sábado 18 de xuño a Piscina Municipal abrirá as súas portas en horario de 12:00 a 20:00 horas. Para anotarse ós cursos de natación inscribirse na propia instalación falando co socorrista.

Excursión as Termas da Chavasqueira en Ourense

O venres 24 realizarase unha excursión ás termas da Chavasqueira en Ourense. Terá que haber un número mínimo de 30 persoas inscritas para que se realice. Solicitar máis información no concello.
O prezo da actividade será de 26 Euros por persoa.

Punto de Atención á Infancia

* Ábrese o prazo para a renovación de matrículas dende o 1 ao 15 de xuño(ámbolos dous incluídos).
* O prazo para as novas inscricións será dende o 20 de xuño ao 20 de xullo(ámbolos dous incluídos).
Información e solicitudes nos Servizos Sociais

Páxinas

Subscribe to Actualidade