Actualidade

EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS (LEÓN)

EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS (LEÓN)
9 DE FEBREIRO (se está aberta a estación, senón o 16 de febreiro) Hora de saída: 4:30 (madruga do domingo) Campo do Rosario Prezos:Adultos: Se sabe esquiar: 35 €Se non sabe esquiar: 29 €Nenos ata 13 anos: 29 €O prezo inclúe o desprazamento en autocar, o forfait e o aluguer de material. A práctica de Snow incrementará o precio en + 8 € e as clases +8.90 € por hora e alumno (mínimo 6 pers. máximo 10 pers.)Información e inscrición no 981516020 - 638518644 antes do 31 de xaneiro.  Mínimo 21 persoas

Pilates - Centro de Maiores

A actividade desenvolverase os xoves de 21:00h. a 22:00h. no  Centro de Maiores entre Xaneiro e Maio do presente ano 2014.
O custo desta actividade é de 12 € (persoas con carné) e 15 € (para o resto) ao mes e os pagos realizaranse do seguinte xeito: O 50 % da cota no mes de xaneiro e o outro 50% no mes de marzo, e decir, no caso das persoas que conten con carné 30€ no mes de xaneiro e 30 € no mes de marzo.
Os interesados en participar nesta actividade deben anotarse no Concello ou ben falando con Maria, a técnica de Deportes.

ITV Vehiculos Agrícolas.

Coma todos os anos o camión de revisión de vehiculos agrícolas desprazarase a Boimorto os dias: 28 e 29 de xaneiro de 2014. Para solicitar cita previa chamar ao: 902 30 90 00 Debe solicitar Cita Previa todos os interesados.
Bando de ITV Vehiculos Agrícolas

Páxinas

Subscribirse a Actualidade