Actualidade

Ruta de Sendeirismo o dia 27 de abril de 2013

A ruta de sendeirismo do vindeiro 27 de abril cambia de punto de partida/chegada, ao final faremola polas parroquias de Corneda, Rodieiros e Dormeá. Un percorrido de 12 km que se deberia facer nunhas 3 horas.
O punto de partida e chegada será a igrexa de Corneda, sairemos ás 10 da mañá e a chega da será a iso da unha do mediodía. Recomendamos: levar calzado cómodo, gorra, chuvasqueiro e calcetíns de reposto; asemade tamen é importante a comida e bebida. 

Movementos Bolsa emprego Auxiliares de Xeriatria.

Publicouse o Decreto de nomeamento dunha auxiliar de xeriatria por Baixa de maternidade e o estado actual da Bolsa de emprego.
Mais info.

Rede Xiana 2

O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade