Actualidade

Voluntariado - Festival de la Luz. Cosecha 2013.

As persoas que estean interesadas en facer o curso de Protección Civil e non esteñan empadroadas en Boimorto, deben informarse se no seu concello teñen Asociación de Voluntarios de Protección Civil, e se é así comunicarnolo. Pois o curso de Protección Civil que imos realizar en Boimorto solo poden asistir os empadroados no Concello.

Traballo no Festival de la Luz 2013 - Reunión o 16 de maio

Convócase a todas as persoas maiores de 16 anos e veciñas de Boimorto a reunión informativa que terá lugar o vindeiro xoves día 16 de maio ás 8 da tarde na Casa da Cultura, para todos aqueles que queiran traballar como voluntarios (pagaranse dietas) no Festival de la Luz 2013 que se celebrará os día 13, 14 e 15 de setembro.

Carné de Socio - Uso da Piscina e Ximnasio.

Xa está en marcha a campaña de actividades de verán, á que vos podedes anticipar solicitando na Casa do Concello o carné de socio que dá acceso á piscina, ximnasio e a calquera das actividades deportivas que se organicen. Asemade tamén dará acceso gratuíto a wi-fi no local da antiga cámara agraria, onde se pretende habilitar unha aula para tal fin.
A que esperas!!     Anticípate ó verán!!
Carné individual

Páxinas

Subscribirse a Actualidade