Actualidade

Accións formativas en Boimorto

Proximamente prevese a realización do seguinte curso de formación no Concello de Boimorto:
* Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
As persoas interesadas deberán ter demandando o curso no INEM de Melide, ademais de estar en situación de DESEMPREGO.
Estean atentos aos bandos e a esta páxina Web para máis información.

Prestación de Servizos

Os vindeiros 11 e 13 de xullo o tecnico de urbanismo non se vai a desprazar ao concello. Rogamos desculpen as molestias que esta interrupción no servizo lles poidan ocasionar.

Programa Tempo de Lecer (Verán)

Durante o mes de xullo, en horario de 10:30h. a 13:00h. e de luns a venres, levaranse a cabo actividades na área recreativa da piscina para rapaces a partir de 6 anos. As actividades serán ao aire libre e no caso de que chova trasladarémonos ao colexio ou á casa da cultura. Haberá xogos, piscina, rutas de sendeirismo, obradoiros... Este ano non conteremos con servizo de transporte pero o programa será gratuíto.

Páxinas

Subscribe to Actualidade