Actualidade

PODOLOXÍA E FISIOTERPIA.

Informamos a todas aquelas persoas que facían uso dos servizos de Fisioterapia e Podoloxía no Centro de Maiores que a partires deste mes de maio estes servizos cambian de ubicación e pasan ó Centro Residencial, polo que, para pedir cita deben falar directamente coa Residencia (981 51 62 10).
   Os prezos das sesións son os mesmos e todo aquel que o tivese solicitado poderá asistir sen facer ningún trámite. O resto das persoas que cumpran os requisitos (maiores de 65 anos, ...) e queiran acudir pódeno solicitar no Concello.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2012 DEPUTACION DA CORUÑA

Para rapaces con idades comprendidas entre os 9 e os 13 anos.
   Outorgáronnos 3 prazas para a quenda do 8 ao 14 de xullo. O prezo será de 85 euros por rapaz/a e o prazo de inscrición remata o 1 de xuño.
   Para inscribirse pasar polo concello.

Ximnasio en Boimorto

O luns 7 comeza o funcionamento do ximnasio que fica a carón de correos. Os interesados en usar este servizo deberán entrevistarse previamente co técnico deportivo, quen estará os luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas e os venres de 18:00 a 19:00.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade