Actualidade

Campamentos Deportivos

Un ano máis haberá dúas quendas en función das idades dos participantes. A primeira quenda será do 4 de xullo ao 8 de xullo para os de 11 a 16 anos, e a segunda quenda do 11 de xullo ao 15 de xullo para os de 6 a 10 anos. O asentamento das tendas será na área recreativa da piscina e non haberá a posibilidade de ir durmir á casa. Os rapaces chegarán acompañados dun adulto ás 17:00h. e serán recollidos o último día ás 12:00h. O prazo de inscrición remata o 1 de xullo para a primeira quenda e o 8 para a segunda.

Excursión ao Aquapark de Cerceda

O venres 5 de agosto iremos de novo de excursión ao Aquapark de Cerceda despois do éxito do ano pasado. A saída está programada para as 11:00h. desde o Campo do Rosario e o regreso ás 20:00h. Os interesados deberanse anotar no Concello antes do martes día 2 de agosto e contaremos cun límite de 50 prazas por orde rigorosa de inscrición. Como mínimo deberanse cubrir 30 prazas.
Os menores de idade non poderán ir sos e o acompañante que se faga cargo deles poderá levar un máximo de 5 cativos/as.

Accións formativas en Boimorto

Proximamente prevese a realización do seguinte curso de formación no Concello de Boimorto:
* Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
As persoas interesadas deberán ter demandando o curso no INEM de Melide, ademais de estar en situación de DESEMPREGO.
Estean atentos aos bandos e a esta páxina Web para máis información.

Páxinas

Subscribe to Actualidade