Actualidade

Horario de Atención ao Público

A partir do mes de outubro, para calquera consulta nos Servizos Sociais deberán pedir cita chamando ó 981 51 60 75 ou no 981 51 65 20 (Centro de Maiores).
Infórmase ademais que os horarios de atención serán os que seguen:
* De 9:00h. a 13:30h. no Centro Social de Maiores
* De 13:45h. a 15:00h. nas oficinas do Concello.

Saídas á piscina climatizada de Arzúa

Para todas as idades. A saída realizarase un día á semana á piscina climatizada de Arzúa. Dará comezo no mes de novembro.

Subvención para rehabilitación de vivendas.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de facer publico a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas nas parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago, no noso caso Ánxeles, Boimil, Boimorto e Sendelle.
Esta subvención unese ás xa convocadas para todo o ámbito da comunidade galega e que se viñan tramitando dende o Concello.
Mais información e solicitudes na Casa do Concello.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade