Avisos Medio ambientais

   * Recollida de Lixo: Recordamos aos veciños que nos contedores de lixo non se pode depositar nin restos de poda nin herba dos cortacéspedes. Estes tipos de refugallo pesa moito no contedor e supón un sobrecuste moi elevado na factura do lixo.

   * Revisión sulfatadoras agrícolas: O vindeiro 16 de decembro virá ata Boimorto unha unidade móvil para facer a revisión das sulfatadoras. Estará no mesmo sitio que a ITV dos tractores (Xunta o centro médico). Para pedir cita podedes chamar ao 981 79 25 19 ou ben en Talleres Agromecánica Vicente García. Anotádevos canto antes a fin de que se hai moitas solicitudes poidan mirar de vir dous días ou ver como pode organizar a empresa. No Concello de Boimorto teñen a súa disposición unha folliña coas características que deben cumprir as sulfatadoras para que poidan pasar a revisión

Categoría: