Chegan a Boimorto as primeiras maquinas que se van expoñer en Magreco a fin de semana

As primeiras máquinas que van participar na exposición de maquinaria agrícola e forestal desta fin de semana en Magreco empezaron xa a chegar a Boimorto. Durán Maquinaria levou xa o xoves a primeira retoempacadora que se poderá ver na feira esta fin de semana. Unha exposición que ocupará algo máis dunha hectárea de terreno preto do colexio público de Boimorto, e na que tamén se localizarán os simula dores de condución e o concurso de habilidade e manexo de minipala.

Fronte a zona de exposición, do outro lado da carretera AC-603, atópase a carpa na que se poderán ver as razas autóctonas e as vacas e xovencas que participarán o domingo na poxa que organiza Africor Coruña. Precisamente, a Asociación Provincial
de Criadores de Frisón da Coruña publicaba onte na súa web
o catálogo co pedigrí e as principais características de cada unha das vacas e novillas que van participar na poxa, que empezará o domingo ás 11.30 horas.

E mentres tanto, a organización segue a avanzar nos preparativos para que esta sábado esté todo a punto ás 11.00 horas para abrir unha nova edición de Magreco 2018. Así, hoxe mesmo empezáronse a montar os simuladores de condución de maquinaria agrícola e forestal, co que os asistentes e interesados poderán vivir unha experiencia única sen correr ningún risco. Os simuladores utilizan a aplicación Farming Simulator.

No polideportivo municipal tamén está todo xa listo para que os participantes na feira de artesanía e de produtos ecolóxicos poidan amosar os seus produtos. O polideportivo localizase xusto detrás do colexio público, e para chegar ata el dende a carpa de animais, os asistentes á Magreco pasarán pola rúa na que están os food truck, outra das novidades deste ano. E xunto aos camións de comida ou produtos da horta, Magreco tamén ofrecerá filloas de Lestedo gratis a todas as persoas que o sábado se acheguen á feira.

Parking gratuíto

Dende a organización agardan a visita de máis de 5.000 persoas durante a fin de semana. Para facilitar os desprazamentos, habilitáronse dúas zonas de aparcamento gratuíto para todos os visitantes que acudan en coche. Un destes aparcamentos estará localizado xunto á exposición de maquinaria agrícola e, o outro, fronte ao polideportivo municipal.

Os máis pequenos tamén poderán gozar cos inchables e condución de tractores, ou cos obradoiros de elaboración de pezas de barro e de demostración de oficios durante todo o día, ata que a eso das seis da tarde comezo as actuacións musicais, a cargo dos Grupo Leirabuxo (sábado) e da Agrupación Folclórica Satiaguiños de Boimorto (domingo).

Máis información e programa completo neste enlace (preme aquí)