Curso de Galego - Preparatorio para o CELGA

O concello de Boimorto, ante a demanda dalgúns veciños/as, quere solicitar un curso de galego. Estes cursos, gratuítos, son preparativos para despois presentarse ás probas do Celga. O curso dura dous meses aproximadamente e serían dúas horas por clase, cinco días á semana e o horario pódemolo solicitar nós. Hai diferentes niveis, solicitaremos o que consideremos máis apropiado para os que se anoten. Para poder realizar o curso debe haber un mínimo de 20 anotados, por iso ímolo pedir conxuntamente con Mesía e Sobrado.
Para anotarse hai de prazo ata o 31 de outubro e o curso realizarase a partir do mes de febreiro. Podedes anotarvos no Concello ou chamando ó  981 516 020.

Categoría: