Nomeamento de Suso de Marcos como Fillo Predilecto

O pasado 30 de decembro de 2010 aprovouse, por maioria absoluta no Pleno Municipal, o nomeamento de Suso de Marcos como Fillo predilecto de Boimorto. Este nomeamento foi promovido por 4 asociacións municipais en colaboración co Concello: "Asociación Rexurdimento dos Ánxeles", "Asociación Campo da Rula de Sendelle","Asociación Cultural Santa Maria dos Anxeles" e "Asociación Rápido de Dormeá".
Este constitúe a maior distinción que esta administración pode outorgar e con ela saldase unha debeda cun home que fixo moito por Boimorto e levou o nome de Boimorto por toda España.
Programa de Actividades:
Venres 4 de marzo. Liñeiro-Ánxeles
20:00 horas. Apertura de Exposición no local de Liñeiro (Os Ánxeles)
21:00 horas. Descubrimento dun placa no Local de Liñeiro que pasará a chamarse CENTRO DE DINAMIZACIÓN SUSO DE MARCOS en honor ó homenaxeado.
Sábado 5 de marzo. Casa do Concello
13:30 Acto de Nomeamento de Fillo Predilecto na Casa do Concello. O acto será aberto para todos os veciños que o queiran presenciar.
15:00 Xantar - Homenaxe no Pavillon Polideportivo. O prezo do xantar será de 20€ por persoa e as entradas estarán a disposición dos interesados na Casa do Concello ata o 25 de febreiro.
As fotos do evento:
Nomeamento de Suso de Marcos como fillo predilecto

Categoría: