Novas de Servizos Sociais

   * Comunícaselle ós propietarios de vivendas baleiras que as queiran alugar que a Xunta de Galicia ten un programa de vivendas baleiras para alugueiro social. Se queren inscribir a súa vivenda para este tipo de alugueiros póñanse en contacto cos servizos sociais do Concello de Boimorto.

   * Bono de alugueiro social: facilita apoio urxente a familias en risco de seren desaloxadas do seu domicilio por non pagar a renda, tamén se poden beneficiar destas axudas vítimas da violencia de xénero ou aqueles beneficiarios do aluga que cumpran as condicións establecidas e que se viran privados do seu domicilio habitual por danos sufridos no mesmo por unha causa imprevisible como pode ser inundación, incendio…..

   * Dende o 4 de xullo ata o 2 de agosto os usuarios dos servizos sociais que precisen calquer tipo de atención acudirán á residencia preferiblemente despois das 12 da mañá.

Categoría: