Obras PAI - Concello de Boimorto

Nestas datas estanse a levar a cabo obras no Punto de Atención á Infancia do Concello de Boimorto que veñen a solventar deficiencias detectadas na accesibilidade do Centro e aplicación de medidas correctoras en canto aos protocolos de evacuación do mesmo.

As actuacións recollidas na memoria subvencionada ao abeiro da Orde do 27de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) tamen engloba o suministro de xogos para o parque anexo ao centro.

Categoría: