Outras actividades

OUTRAS ACTIVIDADES
 
- Curso de galego: mínimo 8 anotados. - Características: curso preparatorio para os exames do Celga de acreditación da lingua galega.-Frecuencia: a determinar segundo o grupo
 
- Grafomotricidade e manualidades no centro de maiores.Un ano máis realizaremos esta actividade dentro do centro social de Boimorto. Animamos a todos a que visitedes o noso centro e vexades alternativas de ocio para estar entretido, manterse activado e como non para relacionarse con máis xente.
 
- Bingo no centro de maiores.Aínda imos poñer o día pero un día á semana e pola mañá xogaremos ó bingo. Podedes asistir os que queirades e probar á sorte.
 
- Excursión ao cine.  No novo centro comercial de Santiago.Despois da súa apertura organizarase unha excursión para visitalo e para ver unha película no cine. A película escollerase tendo en conta a cartelera dese momento. Informaremos no boletín con tempo de datas e prezos.
 
- Excursión a Riazor. Viaxaremos a Coruña.Ver un partido do Deportivo que se atopa de novo en primeira división. Informaremos no boletín con tempo de datas e prezos. Estade pendentes dos próximos bloletíns.
 
- Domingos de cine en Boimorto. Na casa da cultura.O terceiro domingo do mes a partires do mes de outubro. De outubro a maio ás 5 e media da tarde proxectaremos un película apta para todas as idades. Xa vos iremos avisando no cole da peli que imos poñer esa mesma semana. Esperámosvos a todos/as, non faltedes.
 
- Outono cultural:Un ano máis celebrarase en Boimorto o Outono Cultural adicado a todos os veciños e veciñas de Boimorto.Como xa podemos ver no calendario todas as actuacións xa situadas nas suas fechas. Contaremos con actuacións e actividades válidas para todos os públicos. Celebraranse os venres: - venres 19 outubro – Maxia e teatro A Illa dos/as nenos/as - venres 2 novembro – Benxamín Magic (maxia)-  venres 16 novembro – Kote Malabar circote (todos os públicos)- venres 30 novembro – Pedro Brandariz Familia. (teatro)

Categoría: